As plantacións de eucaliptos xeran un impacto altamente prexudicial sobre a biodiversidade, causando empobrecemento e erosión das superficies plantadas, contaminación en regatos e rios e outras negatividades que, mesmo dando unha aparencia “verde” á paisaxe, crean auténticos desertos, que mostran a súa faciana máis negra coas sucesivas vagas de lumes
As Brigadas Deseucaliptizadoras teñen como obxectivo mobilizar, organizar e coordenar persoas de todo o País con vontade de botarse ao monte para realizar accións de voluntariado ambiental en colaboración coas titulares de terreos con valores ambientais degradados ou ameazados pola eucaliptización e outras especies exóticas invasoras. Mediante a erradicación destas especies e a súa substitución por outras autóctonas de alto valor ecosistémico.